O tempo en Ourense

Mostrando entradas con la etiqueta avances científicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta avances científicos. Mostrar todas las entradas

26 de noviembre de 2011

Pequena entrevista a Roger Penrose tras ser galardoado co Premio Fonseca pola USC

Aquí mostrámosvos unha pequena entrevista feita ao devandito científico e matemático Roger Penrose acerca de diversas cuestións:


-Por que aos científicos lles custa tanto facer traballos de divulgación?

-Por varias razóns. Unha é que os grandes investigadores na maioría das ocasións son moi malos divulgadores, xa que son incapaces de sacarse de enriba a terminoloxía propia da disciplina. A min mesmo, cando estudaba o doutorado, non me importaba que ninguén soubese o que facía, pero iso foi cambiando; agora si me parece un reto explicar conceptos difíciles para que se entendan.

-Colaborou con Hawking, dous xenios traballan ben xuntos?

-Traballamos unha vez e non houbo problema. Foi doado, en parte porque cada un fixera un traballo de forma independente, pero parecido, e simplemente escribímolo xuntos. Case todo foi por teléfono, e de feito só vímonos unha vez.

-Por que non continuaron?

-Era un traballo matemático, e aí non hai moito que discutir, estabamos de acordo en demostrar o que demostramos, pero en termos de física tiñamos grandes discrepancias, sobre todo no que se refire á mecánica cuántica. Eu considero que é unha teoría incompleta, que nalgún momento se descubrirá que non estaba ben, mentres que Hawking é máis conservador, e a acepta tal cal está.Hawking adoita referirse a si mesmo como un pensador radical, pero comparado comigo el é máis conservador e eu máis radical. Coa idade teño menos nervios en dicir o que penso e me expreso máis.

-Cuestiona o «big bang»?

-Creo no Big Bang, o que cuestiono é que sexa a orixe de todo. É só unha etapa, o universo ten unha ciclicidade, e en cada ciclo prodúcese este fenómeno. Para nós é como o primeiro Big Bang, vémolo como único, pero é só un deles. Toda esta etapa que vai dun big bang ao seguinte é o que eu chamo un eón. De feito, nas miñas últimas observacións, criticadas pola comunidade e que aínda non están publicadas, non só hai indicios do eón anterior, senón do anterior ao anterior, de dous Big Bang anteriores.

-Sen conciencia non hai intelixencia?

-Na miña opinión non. Hai tres palabras clave: conciencia, entendemento e intelixencia. Para ser intelixente hai que ter entendemento. E diría que sen conciencia non hai entendemento.

-Erramos entón ao falar de máquinas intelixentes?

-As máquinas non son intelixentes, é unha forma de falar esaxerada.

-Pero si sostén que nun futuro alguén poida entender a conciencia e, polo tanto, dotar unha máquina dela.

-Difiro de máquina e dispositivo. De máquina diría que é algo controlado por unha computadora, e nunca vai ter conciencia. Agora, o que si pode haber é un dispositivo que teña conciencia no futuro, pero iso produce un montón de preguntas éticas horribles.

-As matemáticas poderían explicalo todo?

-Actualmente non, pero non estou seguro de que se se desenvolve os sentimentos poderán ser explicados con linguaxe matemática. O máis próximo que temos é a música, que ten moita matemática detrás. Os acordes maiores e menores están relacionados con se un toma a frecuencia das notas que hai no acorde e as divide e obtén fraccións. Nos maiores a nota maior soa alegre e a nota menor soa triste. A maior ten maior regularidade matemática, e pregúntome: Ten iso que ver co feito de que emocionalmente ao escoitar unha nota maior nos facer sentir alegres? Seguramente as matemáticas están detrás da alegría dunha nota.

E vós, estades dacordo con el ou diferides igual que el mesmo di facer moitas veces en física con respecto a Hawking?

Roger Penrose cuestiona a teoría de que os neutrinos viaxan máis rápido cós fotones

Roger Penrose, prestixioso científico, físico e matemático británico gañador do premio Fonseca pola USC, non está dacordo cos últimos resultados estimados polo CERN (Centro Europeo de Investigación Nuclear) acerca de que os neutrinos poden ser máis rápidos ca propia luz. É un experimento que ameaza con derrumbar o principio básico da teoría da relatividade, e polo tanto da nosa comprensión actual do universo, dado que unhas pequenas partículas chamadas neutrinos parecen ter viaxado máis rápido ca luz entre Suiza e Italia.

Nunha conferencia mostrou serias dúbidas baseándose nas marcadas teorías existentes da física fundamental que tacharían o experimento de resultado imposible. O científico di estar "moi sorprendido" e describe os datos atopados e difundidos como "improbables" Apoiado nun incidente cunha supernova en 1987, no que os neutrinos chegaron un ínfimo periodo de tempo antes (algo totalmente de esperar nas circunstancias )  cá luz, observou que o tempo que o tempo que chegaron por diante era o que se esperaba en base á teoría actual. Por esta razón, puxo en dúbida a hipótese recente.
Albert Einstein
Penrose dixo non ter estudiado os detalles dese experimento, pero considera que «parece que hai varios problemas para que sexa correcto». «Sospeito que non se tiveron completamente en conta todos os efectos da relatividade, e non digo só da relatividad especial, senón á teoría da relatividade en xeral». Argumentou acerca da rigurosidade sobre a velocidade e sobre a influencia da gravitación, e destacou que hai varios experimentos que confirman que son teorías verdadeiras.

Roger Penrose

Acerca de si se poría da banda de Stephen Hawking, quen apostou na USC cen dólares a que o gran colisionador de hadrones (LHC) del CERN non permitirá confirmar a teoría de Peter Higgs( teoría que se verá confirmada se se encontra a buscada “partícula de Dios” ou “bosón de Higgs” que completaría o modelo estándar como partícula base de toda a materia), Penrose só optou por decir: «Eu non son tan valente».



Páxinas relacionadas: