O tempo en Ourense

30 de noviembre de 2011

Un pouco de son para lectores científicos

Aínda que a ciencia parezca un ámbito afastado da música o teatro ou a literatura, ningún campo de sabeduría está afastado da arte, de feito, os gregos idetentificaban técnica e arte creéndoas a mesma cousa, porén, usando isto de disculpa, deixo aquí un par de videos con música que sei que nunca deixará de gustarme

27 de noviembre de 2011

Cartas para Claudia, Jorge Bucay

Jorge Bucay é un psicoanalista arxentino que antes de ser tan recoñecido traballaba nunha humilde consulta en Buenos Aires e, tras comprobar que os pacientes se atascaban mediante o medio da fala ocorreúselle desenrolar unha nova técnica; intervir el mesmo na sesión escribindo cartas e poemas ós seus pacientes.
Coa recopilación de tódalas estas cartas naceu Cartas para Claudia;  Claudia, unha muller idealizada, fermosa, amiga, compañeira e confidente convértese na receptora de todas estas cartas creando de algo real algo máxico, un libro de autoaxuda para todos os seus lectores. Jorge desenrola unha correspondencia imaxinaria aproveitando as cartas e poemas que no seu día formaron parte dunha terapia, na que trata temas como o amor, o coñecemento de un mesmo ou o control dos malos sentimentos, ámbitos persoais e característicos de cada persoa pero universais na súa forma máis xeralizada, xa que nos atañen a todos.

O libro conta, (o da quinta edición) con 57 cartas divididas nun período de tempo duns 20 anos, estas son todas de Bucay cara Claudia, nas que se da a entender que a maioría teñen resposta e incluso se deixa adiviñar que pode por nesas respostas de Claudia.

Jorge escribe, como medio de desafogo todo o que sente por ela, o que pensa sobre o que sabe, sobre o comportamento, a neurosis o aprendizaxe ata chegar a psicoanalizarse a sí mesmo dándose conta das cousas que ocorren dentro del: Relata contos, terapias que deu, propón novos camiños e insiste en que debemos darnos conta, de que vivimos nun aquí en un agora non vivir no pasado nin no futuro, non morrer en vida, aceptala nosa vida tal e como é, tanto cos momentos malos como cos bos xa que ambos son vivencias que nos levan a  ser o que somos agora, forman parte das nosas vidas e hai que recoñecelas como tal e saber que estamos vivos, sentirnos así e vivir o presente que é onde vivimos. E a parte na que relaa isto recórdame moito a un pequeno poema que curiosamente vin no recordatorio dun calendario na consúlta do médico e aprendín de memoria:

“Vivir es despertar, abrir los ojos y desperezar el alma. Vivir es sorrenderse a sí mismo, sabiéndose único, solo, sentado a banquete de cada instante, saboreando instantes de eternidad”

Concibe o ser humano como un ser finito que se lle pode delimitar e a partir disto definilo, creeo como un todo, un universo no que cada quen é o o centro do seu propio universo. No desenrolo deste tema Jorge utiliza un exemplo que me chamou moito a atención; Cando alguén nos cae mal é porque hai algo ou cremos que hai algo nesa persoa que tamén está en nos e isto molestanos xa que é aquelo que non nos gusta de nos.



Non se pode dicir que o libro teña unha estructura uniforme do cal podamos sacar un tema principal, porque o autor trata unha a unha as súas opinións sobre temas universais, practica terapias ( exercicios gestálticos), fala sobre a neurosis, cuestiona e reflexiona sobre cousas tan comúns como a ultilización da linguaxe ou as relacións de parella. Todas istas só unidas polo autor e a súa profesión que se deixa ver en moitas das cartas.

Esta última reflexión, sobre a vida en parella, é unha das miñas partes do libro favorita; partindo dunha concepción das relacións de hoxe en día como inseguras plantexa a problemática do vocabulario mal usado o dicir “Quérote” ou “Ámote”, esta carta é moi longa, pero en resumo, comenta que querer implica un desexo de ter á outra persoa pero amar é aceptar o outro tal e como é, coas súa cualidades e os seus defectos, non aferrala a nos nin obligala a dicir cousas que queremos escoitar, é comprender ó outro e coñecelo e usa a metáfora de “amar é cuando disfrutas ver como lle crecen as ás e deixarlo voar, non cortarllas”

Outra das cartas que máis me chamou a tención foi na que explica a chamada predición creadora, que consiste en que cando se nos mete a idea na cabeza de que algo vai suceder e de tanto que o buscamos pasa, él non cree nas predicións, tan só nos facemos que as cousas sucedan , nada está escrito e nos, só nos, somos os responsables do que fagamos.

Teño que recoñecer que este non é un libro que e collese por primera vez para lelo, fai anos, cando chegou á miña casa propuxenme lelo, pero non lle encontrei coherencia nin sucesións de feitos ordeados no tempo, e dexeino cando levaba a metade collendo pó, ata que, anos máis tarde se me ocorreu volver a intentalo pero seguía sen entender e saltábame cartas que me resultasen longas ou aburridas e, cando neste curso Luís nos propuxo ler un libro por trimestre pensei en Cartas para Claudia, non tiña outra oportunidade mellor , contaba coa presión de ter que lelo, e sabía que era unha temática que no fondo me gustaba pero precisaba de tempo, e lino, dende a contraportada ata a carta número 57 pasando pola biografía de Jorge Bucay, e agora, xa lido, cústame realizar un resumo como o libro se merece, e se o fixese, desvelaríavos o encantador do libro e non me deixo por que teño a esperanza de que quen lea isto se propoña lelo; copiaría e pegaría máis dun  par de cartas que indubidabelmente vagan a pena, contaría o bonito que foi non entender ata chegar á décima carta pero non o vou facer, só deixarei un consello: Lede, lede dende a primeira liña da dedicatoria, ata a contraportada pasando por cada unha das 57 cartas que contén o libro, porque de verdade, merece a pena.

                                                                                                                                                                           

Uxía Rodríguez Rodríguez 2Bach C

26 de noviembre de 2011

Pequena entrevista a Roger Penrose tras ser galardoado co Premio Fonseca pola USC

Aquí mostrámosvos unha pequena entrevista feita ao devandito científico e matemático Roger Penrose acerca de diversas cuestións:


-Por que aos científicos lles custa tanto facer traballos de divulgación?

-Por varias razóns. Unha é que os grandes investigadores na maioría das ocasións son moi malos divulgadores, xa que son incapaces de sacarse de enriba a terminoloxía propia da disciplina. A min mesmo, cando estudaba o doutorado, non me importaba que ninguén soubese o que facía, pero iso foi cambiando; agora si me parece un reto explicar conceptos difíciles para que se entendan.

-Colaborou con Hawking, dous xenios traballan ben xuntos?

-Traballamos unha vez e non houbo problema. Foi doado, en parte porque cada un fixera un traballo de forma independente, pero parecido, e simplemente escribímolo xuntos. Case todo foi por teléfono, e de feito só vímonos unha vez.

-Por que non continuaron?

-Era un traballo matemático, e aí non hai moito que discutir, estabamos de acordo en demostrar o que demostramos, pero en termos de física tiñamos grandes discrepancias, sobre todo no que se refire á mecánica cuántica. Eu considero que é unha teoría incompleta, que nalgún momento se descubrirá que non estaba ben, mentres que Hawking é máis conservador, e a acepta tal cal está.Hawking adoita referirse a si mesmo como un pensador radical, pero comparado comigo el é máis conservador e eu máis radical. Coa idade teño menos nervios en dicir o que penso e me expreso máis.

-Cuestiona o «big bang»?

-Creo no Big Bang, o que cuestiono é que sexa a orixe de todo. É só unha etapa, o universo ten unha ciclicidade, e en cada ciclo prodúcese este fenómeno. Para nós é como o primeiro Big Bang, vémolo como único, pero é só un deles. Toda esta etapa que vai dun big bang ao seguinte é o que eu chamo un eón. De feito, nas miñas últimas observacións, criticadas pola comunidade e que aínda non están publicadas, non só hai indicios do eón anterior, senón do anterior ao anterior, de dous Big Bang anteriores.

-Sen conciencia non hai intelixencia?

-Na miña opinión non. Hai tres palabras clave: conciencia, entendemento e intelixencia. Para ser intelixente hai que ter entendemento. E diría que sen conciencia non hai entendemento.

-Erramos entón ao falar de máquinas intelixentes?

-As máquinas non son intelixentes, é unha forma de falar esaxerada.

-Pero si sostén que nun futuro alguén poida entender a conciencia e, polo tanto, dotar unha máquina dela.

-Difiro de máquina e dispositivo. De máquina diría que é algo controlado por unha computadora, e nunca vai ter conciencia. Agora, o que si pode haber é un dispositivo que teña conciencia no futuro, pero iso produce un montón de preguntas éticas horribles.

-As matemáticas poderían explicalo todo?

-Actualmente non, pero non estou seguro de que se se desenvolve os sentimentos poderán ser explicados con linguaxe matemática. O máis próximo que temos é a música, que ten moita matemática detrás. Os acordes maiores e menores están relacionados con se un toma a frecuencia das notas que hai no acorde e as divide e obtén fraccións. Nos maiores a nota maior soa alegre e a nota menor soa triste. A maior ten maior regularidade matemática, e pregúntome: Ten iso que ver co feito de que emocionalmente ao escoitar unha nota maior nos facer sentir alegres? Seguramente as matemáticas están detrás da alegría dunha nota.

E vós, estades dacordo con el ou diferides igual que el mesmo di facer moitas veces en física con respecto a Hawking?

Roger Penrose cuestiona a teoría de que os neutrinos viaxan máis rápido cós fotones

Roger Penrose, prestixioso científico, físico e matemático británico gañador do premio Fonseca pola USC, non está dacordo cos últimos resultados estimados polo CERN (Centro Europeo de Investigación Nuclear) acerca de que os neutrinos poden ser máis rápidos ca propia luz. É un experimento que ameaza con derrumbar o principio básico da teoría da relatividade, e polo tanto da nosa comprensión actual do universo, dado que unhas pequenas partículas chamadas neutrinos parecen ter viaxado máis rápido ca luz entre Suiza e Italia.

Nunha conferencia mostrou serias dúbidas baseándose nas marcadas teorías existentes da física fundamental que tacharían o experimento de resultado imposible. O científico di estar "moi sorprendido" e describe os datos atopados e difundidos como "improbables" Apoiado nun incidente cunha supernova en 1987, no que os neutrinos chegaron un ínfimo periodo de tempo antes (algo totalmente de esperar nas circunstancias )  cá luz, observou que o tempo que o tempo que chegaron por diante era o que se esperaba en base á teoría actual. Por esta razón, puxo en dúbida a hipótese recente.
Albert Einstein
Penrose dixo non ter estudiado os detalles dese experimento, pero considera que «parece que hai varios problemas para que sexa correcto». «Sospeito que non se tiveron completamente en conta todos os efectos da relatividade, e non digo só da relatividad especial, senón á teoría da relatividade en xeral». Argumentou acerca da rigurosidade sobre a velocidade e sobre a influencia da gravitación, e destacou que hai varios experimentos que confirman que son teorías verdadeiras.

Roger Penrose

Acerca de si se poría da banda de Stephen Hawking, quen apostou na USC cen dólares a que o gran colisionador de hadrones (LHC) del CERN non permitirá confirmar a teoría de Peter Higgs( teoría que se verá confirmada se se encontra a buscada “partícula de Dios” ou “bosón de Higgs” que completaría o modelo estándar como partícula base de toda a materia), Penrose só optou por decir: «Eu non son tan valente».



Páxinas relacionadas:

24 de noviembre de 2011

A química do amor

Por que nos namoramos dun determinado xeito e non de outro?
Innumerables investigacións psicolóxicas demostran o decisivo dos recordos infantís (conscientes e inconscientes), a chamada teoría da correspondencia pode resumirse nunha soa frase: "cada cual busa á parella que cree mellor" Xa que, parece ser, que antes de que unha persoa se fixe noutra xa construiu un mapa mental (realizado entre os 5 e os 8 anos), un molde completo de circuitos cerebrales que determinan o que fará que nos namoremos dunha persoa e non de outra, resultado de asociaciacións con membros da nosa familia nas idades xa ditas, polo tanto, antes de que o amor chame á nosa porta nos xa tiñamos elaborados os rasgos esenciais da persoa ideal a quen amar.



Como reaccionamos cando atopamos a esa persoa?
O noso organismo xera unha sinal de alarma e entra enton en ebullición mediante unha cascada de reaccións emocionais onde hay electricidade e química. A través do sistema nervioso hipotálamo envianse mensaxes ás diferentes glándulas do noso corpo ordeando as glándulas suprarenales que aumenten inmediatamente a produción de adrenalina e noradrnalina (neurotransmisores que comunican entre sí ás células nerviosas). Todo isto crea uns eecto que s fan notas ó instante; O corazón late máis á presa, a presión arterial máxima sube, libéranse graxas e azúcares para aumentar a capacidade muscular, e xéranse máis glóbulos vermellos para mellorar o transporte de osíxeno pola corrente sanguínea.



Hai dúas cousas que o home non pode ocultar: que esta borracho e que esta namorado (Antífanes -388-311 a. C.-, comediógrafo griego)



Este estado de "imbecilidad transistoria" (Ortega y Gasset) non se mantén así no tempo.



Fai canto se planteou a posibilidade de que o amor fose química?
Fai apensas trece anos cando se plantexou o estudo do amor como uin proceso bioquímico que se inicia na corteza cerebral, pasa ás neuronas e de alí ó sistema endocrino, dando lugar a respostas fisiológicas intensas:



Como?
FENILETILAMINA, o verdadeiro amor só sobrevive cando se produce este composto orgánico no cerebro familia das anfetaminas.
O inundarse ó cerebro desta substancia este responde mediante a secreción de dopamina, norepinefrina e comeza un traballo de neurotransmisores que dan lugar ós arrebatos sentimentais, en resumo, estás namorado.



Por que chocolate?
A resposta é simple, polo tanto doada; polo seu alto contido en feniltalamina.



Datos curiosos: O 50% das mulleres entrevistadas para o libro Por qué necesitan las mujeres chocolate  confesou que prefiriría o chocolate antes que o sexo.



Un bo modo de esquecer unha boa historia de amor é comerse un bo pudin de chocolate, (Charlie Brown nun dos seus libros)



E canto dura?
Esta actividade non é eterna, dura entre dous e tres anos, incluso ás veces máis, pero ó final  atracción bioquímica decae. A fase de atracción non dura por sempre, e a parella entón, atópase ante unha dicotomía; separarse ou habituarse a manifestacións máis tibias do amor (compeñerismo afecto e tolerancia).



O amor é como a salsa maionesa: Cando se corta hai que tirala e comezar outra nova, (Enrique Jardiel Poncela)



O amor é como Don Quixote, cando recobra o xuizo é para morrer (Jacinto Benavente)



Co tempo, o noso organismo vaise facendo resistente ós efectos destas substancias e toda tolería de pasión desvanécese gradualmente, a fase de pasion non dura para sempre e comeza entónunha fase dun amor máis sosefado cun sentimento de comodidade seguridade e paz, a isto pódeselle chamar unha "ducha química"; neste caso, son as endorfinas  os que confiren a sensación común de seguridade da noca etapa, a do apego, por isto se sofre tanto ó perder ó ser querido, deixamos de "adquirir a dosis diaria de narcóticos".



Pero aquí ábrese debate; Entón o amor con todalas súas fases pode ser eterno? E só cuestión de quimíca? Opinade :) 

 

 

Poden existir partículas subatómicas que viaxen a máis velocidade ca luz?

Unha mala nova !

A aclamada bióloga Lynn Margulis, considerada unha das principais figuras do evolucionismo debido a súa aportación coa teoría da simbioxénese que foi nomeada doutura honoris causa por numerosas universidades de todo o mundo e candidata para futuro premio Nobel faleceu a os seus 73 anos debido a un derrame cerebral sufrido mentres trballaba cun dos seus estudantes o pasado día 23 de Novembro.
A morte desta científica candidata a un Nobel que nunca recibiu supón unha gran perda no mundo da ciencia e sentímolo, en especial, dende o noso instituto xa que tivo unha cordial relación co noso profesor Luís Martinez Costas (Dpto. Filosofía).


Sen máis, só queríamos deixar presente un pequeno recordatorio desta gran muller :)