O tempo en Ourense

23 de noviembre de 2011

Os gases contaminantes dispáranse!

A pesar da gran crise económica que afecta ós países máis desenrolados dende 2008 non parecemos aforradores en canto a enerxía xa que os gases causantes do efecto invernadoiro aumentan día a día segundo os últimos datos que deu a coñecer a NOAA (Axencia Atmosférica de EEUU), e estes son, na súa maioría de orixe antropoxénico e aumentaron en dúas décadas nun 29% !
O CO2 é, entre este tipo de gases, o que conta con maior poder calorífico e calcúlase que é o responsable do 80% deste quentamento comezado en 1990 !!
O segundo gas con maior poder de quentamento é o metano do cal se rexistra un aumento continuo dende 2006, asociado á subida de temperaturas no Ártico e unha maior precipitación nos trópicos.
A vida destes gases é moi larga porén se prolongará a súa permanencia na atmósfera durante décadas e o quentamento global afectará a moitos aspectos da sociedade, suministro de auga, agricultura, ecostimas, economía.. E como non na política que terá que tomar medidas tamén no aspecto medioambiental, pero cabe recordar que ESTÁ EN MANS DE TODOS cambiar esta situación e poder deixar un mundo mellor para as xeracións futuras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario