O tempo en Ourense

27 de noviembre de 2011

Cartas para Claudia, Jorge Bucay

Jorge Bucay é un psicoanalista arxentino que antes de ser tan recoñecido traballaba nunha humilde consulta en Buenos Aires e, tras comprobar que os pacientes se atascaban mediante o medio da fala ocorreúselle desenrolar unha nova técnica; intervir el mesmo na sesión escribindo cartas e poemas ós seus pacientes.
Coa recopilación de tódalas estas cartas naceu Cartas para Claudia;  Claudia, unha muller idealizada, fermosa, amiga, compañeira e confidente convértese na receptora de todas estas cartas creando de algo real algo máxico, un libro de autoaxuda para todos os seus lectores. Jorge desenrola unha correspondencia imaxinaria aproveitando as cartas e poemas que no seu día formaron parte dunha terapia, na que trata temas como o amor, o coñecemento de un mesmo ou o control dos malos sentimentos, ámbitos persoais e característicos de cada persoa pero universais na súa forma máis xeralizada, xa que nos atañen a todos.

O libro conta, (o da quinta edición) con 57 cartas divididas nun período de tempo duns 20 anos, estas son todas de Bucay cara Claudia, nas que se da a entender que a maioría teñen resposta e incluso se deixa adiviñar que pode por nesas respostas de Claudia.

Jorge escribe, como medio de desafogo todo o que sente por ela, o que pensa sobre o que sabe, sobre o comportamento, a neurosis o aprendizaxe ata chegar a psicoanalizarse a sí mesmo dándose conta das cousas que ocorren dentro del: Relata contos, terapias que deu, propón novos camiños e insiste en que debemos darnos conta, de que vivimos nun aquí en un agora non vivir no pasado nin no futuro, non morrer en vida, aceptala nosa vida tal e como é, tanto cos momentos malos como cos bos xa que ambos son vivencias que nos levan a  ser o que somos agora, forman parte das nosas vidas e hai que recoñecelas como tal e saber que estamos vivos, sentirnos así e vivir o presente que é onde vivimos. E a parte na que relaa isto recórdame moito a un pequeno poema que curiosamente vin no recordatorio dun calendario na consúlta do médico e aprendín de memoria:

“Vivir es despertar, abrir los ojos y desperezar el alma. Vivir es sorrenderse a sí mismo, sabiéndose único, solo, sentado a banquete de cada instante, saboreando instantes de eternidad”

Concibe o ser humano como un ser finito que se lle pode delimitar e a partir disto definilo, creeo como un todo, un universo no que cada quen é o o centro do seu propio universo. No desenrolo deste tema Jorge utiliza un exemplo que me chamou moito a atención; Cando alguén nos cae mal é porque hai algo ou cremos que hai algo nesa persoa que tamén está en nos e isto molestanos xa que é aquelo que non nos gusta de nos.



Non se pode dicir que o libro teña unha estructura uniforme do cal podamos sacar un tema principal, porque o autor trata unha a unha as súas opinións sobre temas universais, practica terapias ( exercicios gestálticos), fala sobre a neurosis, cuestiona e reflexiona sobre cousas tan comúns como a ultilización da linguaxe ou as relacións de parella. Todas istas só unidas polo autor e a súa profesión que se deixa ver en moitas das cartas.

Esta última reflexión, sobre a vida en parella, é unha das miñas partes do libro favorita; partindo dunha concepción das relacións de hoxe en día como inseguras plantexa a problemática do vocabulario mal usado o dicir “Quérote” ou “Ámote”, esta carta é moi longa, pero en resumo, comenta que querer implica un desexo de ter á outra persoa pero amar é aceptar o outro tal e como é, coas súa cualidades e os seus defectos, non aferrala a nos nin obligala a dicir cousas que queremos escoitar, é comprender ó outro e coñecelo e usa a metáfora de “amar é cuando disfrutas ver como lle crecen as ás e deixarlo voar, non cortarllas”

Outra das cartas que máis me chamou a tención foi na que explica a chamada predición creadora, que consiste en que cando se nos mete a idea na cabeza de que algo vai suceder e de tanto que o buscamos pasa, él non cree nas predicións, tan só nos facemos que as cousas sucedan , nada está escrito e nos, só nos, somos os responsables do que fagamos.

Teño que recoñecer que este non é un libro que e collese por primera vez para lelo, fai anos, cando chegou á miña casa propuxenme lelo, pero non lle encontrei coherencia nin sucesións de feitos ordeados no tempo, e dexeino cando levaba a metade collendo pó, ata que, anos máis tarde se me ocorreu volver a intentalo pero seguía sen entender e saltábame cartas que me resultasen longas ou aburridas e, cando neste curso Luís nos propuxo ler un libro por trimestre pensei en Cartas para Claudia, non tiña outra oportunidade mellor , contaba coa presión de ter que lelo, e sabía que era unha temática que no fondo me gustaba pero precisaba de tempo, e lino, dende a contraportada ata a carta número 57 pasando pola biografía de Jorge Bucay, e agora, xa lido, cústame realizar un resumo como o libro se merece, e se o fixese, desvelaríavos o encantador do libro e non me deixo por que teño a esperanza de que quen lea isto se propoña lelo; copiaría e pegaría máis dun  par de cartas que indubidabelmente vagan a pena, contaría o bonito que foi non entender ata chegar á décima carta pero non o vou facer, só deixarei un consello: Lede, lede dende a primeira liña da dedicatoria, ata a contraportada pasando por cada unha das 57 cartas que contén o libro, porque de verdade, merece a pena.

                                                                                                                                                                           

Uxía Rodríguez Rodríguez 2Bach C

No hay comentarios:

Publicar un comentario