O tempo en Ourense

26 de noviembre de 2011

Pequena entrevista a Roger Penrose tras ser galardoado co Premio Fonseca pola USC

Aquí mostrámosvos unha pequena entrevista feita ao devandito científico e matemático Roger Penrose acerca de diversas cuestións:


-Por que aos científicos lles custa tanto facer traballos de divulgación?

-Por varias razóns. Unha é que os grandes investigadores na maioría das ocasións son moi malos divulgadores, xa que son incapaces de sacarse de enriba a terminoloxía propia da disciplina. A min mesmo, cando estudaba o doutorado, non me importaba que ninguén soubese o que facía, pero iso foi cambiando; agora si me parece un reto explicar conceptos difíciles para que se entendan.

-Colaborou con Hawking, dous xenios traballan ben xuntos?

-Traballamos unha vez e non houbo problema. Foi doado, en parte porque cada un fixera un traballo de forma independente, pero parecido, e simplemente escribímolo xuntos. Case todo foi por teléfono, e de feito só vímonos unha vez.

-Por que non continuaron?

-Era un traballo matemático, e aí non hai moito que discutir, estabamos de acordo en demostrar o que demostramos, pero en termos de física tiñamos grandes discrepancias, sobre todo no que se refire á mecánica cuántica. Eu considero que é unha teoría incompleta, que nalgún momento se descubrirá que non estaba ben, mentres que Hawking é máis conservador, e a acepta tal cal está.Hawking adoita referirse a si mesmo como un pensador radical, pero comparado comigo el é máis conservador e eu máis radical. Coa idade teño menos nervios en dicir o que penso e me expreso máis.

-Cuestiona o «big bang»?

-Creo no Big Bang, o que cuestiono é que sexa a orixe de todo. É só unha etapa, o universo ten unha ciclicidade, e en cada ciclo prodúcese este fenómeno. Para nós é como o primeiro Big Bang, vémolo como único, pero é só un deles. Toda esta etapa que vai dun big bang ao seguinte é o que eu chamo un eón. De feito, nas miñas últimas observacións, criticadas pola comunidade e que aínda non están publicadas, non só hai indicios do eón anterior, senón do anterior ao anterior, de dous Big Bang anteriores.

-Sen conciencia non hai intelixencia?

-Na miña opinión non. Hai tres palabras clave: conciencia, entendemento e intelixencia. Para ser intelixente hai que ter entendemento. E diría que sen conciencia non hai entendemento.

-Erramos entón ao falar de máquinas intelixentes?

-As máquinas non son intelixentes, é unha forma de falar esaxerada.

-Pero si sostén que nun futuro alguén poida entender a conciencia e, polo tanto, dotar unha máquina dela.

-Difiro de máquina e dispositivo. De máquina diría que é algo controlado por unha computadora, e nunca vai ter conciencia. Agora, o que si pode haber é un dispositivo que teña conciencia no futuro, pero iso produce un montón de preguntas éticas horribles.

-As matemáticas poderían explicalo todo?

-Actualmente non, pero non estou seguro de que se se desenvolve os sentimentos poderán ser explicados con linguaxe matemática. O máis próximo que temos é a música, que ten moita matemática detrás. Os acordes maiores e menores están relacionados con se un toma a frecuencia das notas que hai no acorde e as divide e obtén fraccións. Nos maiores a nota maior soa alegre e a nota menor soa triste. A maior ten maior regularidade matemática, e pregúntome: Ten iso que ver co feito de que emocionalmente ao escoitar unha nota maior nos facer sentir alegres? Seguramente as matemáticas están detrás da alegría dunha nota.

E vós, estades dacordo con el ou diferides igual que el mesmo di facer moitas veces en física con respecto a Hawking?

No hay comentarios:

Publicar un comentario